DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30199

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal para ocupar unha praza.

A directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar (en diante, Cetmar), en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e das bases específicas para a selección de persoal para ocupar unha praza para o proxecto Capta.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data límite de entrega das solicitudes será de 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 13 de maio de 2024

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar