DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29867

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de declaración de persoal laboral fixo na praza de axudante-preparador deportivo (disposición adicional sexta-estabilización).

Mediante o Decreto de Alcaldía núm. 916/2024, do 25 de marzo de 2024, acordouse declarar persoal laboral fixo do Concello de Ames a Iván Pablo Sanmartín Carreira, con DNI núm. ***9367**, na praza de axudante-preparador deportivo, grupo C2, con código da RPT núm. 06.01.02 e tipo de adscrición definitiva, por superar o proceso selectivo e acreditar que posúe os requisitos establecidos nas bases (publicadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) núm. 234, do 13.12.2022, e núm. 3, do 4.1.2023).

De conformidade coas bases, a formalización do contrato no caso do persoal laboral fixo efectuarase no prazo máximo dun mes a partir da publicación do anuncio da resolución no BOP. O anuncio da declaración de persoal laboral fixo publicouse no BOP núm. 64, do 2 de abril de 2024.

Ames, 5 de abril de 2024

José Blas García Piñeiro
Alcalde