DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de abril de 2024, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Compañía de Electrificación, S.L. de concesión administrativa no porto do Xufre (A Illa de Arousa) para a ocupación do dominio público en superficie e soterrado, do edificio 13.04.EDF.005 (caseta transformador) e das obras 13.04.OBR.002 (liñas eléctricas) para o desenvolvemento da actividade de subministración de electricidade (expediente 13-04-24-C1).

Compañía de Electrificación, S.L., solicita a concesión administrativa no porto do Xufre (A Illa de Arousa) para a ocupación do dominio público en superficie e soterrado, do edificio 13.04.EDF.005 (caseta transformador) e das obras 13.04.OBR.002 (liñas eléctricas) para o desenvolvemento da actividade de subministración de electricidade.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de abril de 2024

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur