De conformidade co establecido nos artigos 88 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2024,
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.
Segundo. Poderán concorrer a eles todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para os postos de traballo se sinalan no anexo I.
Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus A Zapateira, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Á solicitude acompañaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 7 de maio de 2024
Mª Jesús Grela Barreira
Xerenta da Universidade da Coruña
ANEXO I
Nº de posto |
Denominación |
Centro |
Grupo |
Comple. destino |
Comple. específico |
Forma de provisión |
750 |
Secretario/a |
Reitoría |
A2/C1 |
22 |
721,1 |
Libre designación |
239 |
Secretario/a |
Vicerreitorado de Titulacións e Internacionalización |
A2/C1 |
21 |
626,23 |
Libre designación |
347 |
Secretario/a |
Vicerreitorado de Profesorado |
A2/C1 |
21 |
626,23 |
Libre designación |
748 |
Secretario/a |
Vicerreitorado de Infraestruturas e Sustentabilidade |
A2/C1 |
21 |
626,23 |
Libre designación |
386 |
Secretario/a |
Vicerreitorado de Divulgación, Cultura e Deporte |
A2/C1 |
21 |
626,23 |
Libre designación |
396 |
Secretario/a |
Vicerreitorado do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social |
A2/C1 |
21 |
626,23 |
Libre designación |
Requisitos: funcionarios/as de carreira dos grupos que se indican para o posto, con destino definitivo na Universidade da Coruña.
ANEXO II
Apelidos |
Nome |
NIF |
||||
Data de nacemento |
Corpo ou escala |
Grupo |
Nº de rexistro persoal |
|||
Domicilio |
Localidade |
Provincia |
||||
Correo electrónico |
Teléfono móbil |
|||||
Posto que solicita |
||||||
Destino actual |
||||||
Departamento |
Organismo |
Localidade |
Solicito: ser admitido/a ao concurso convocado pola Resolución da Universidade da Coruña, do 7 de maio de 2024 para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba relaciono.
A Coruña, _________de______________ de 2024
(Sinatura do solicitante)
Xerenta da Universidade da Coruña