DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29811

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 15 de novembro, para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de supervisor/a da Unidade de Fisioterapia e Rehabilitación.

Convocada pola Resolución CM-08/2023, do 15 de novembro (DOG núm. 223, do 23 de novembro de 2023), a provisión dun posto de supervisor/a da Unidade de Fisioterapia e Rehabilitación, polo sistema de concurso de méritos, esta Xerencia da Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 24, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Fisioterapia e Rehabilitación, realizada mediante a Resolución CM-08/2023, do 15 de novembro (DOG núm. 223, do 23 de novembro de 2023).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de transcorreren catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 7 de maio de 2024

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO I

Posto de traballo: supervisor/a da Unidade de Fisioterapia e Rehabilitación.

Nome e apelidos: Esther Ruiz Calero.

DNI: ****353**.