DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29803

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 8 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 246, do 29 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao non recibir ningunha alegación, elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas mediante a Resolución do 10 de abril de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 19 de abril).

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución de convocatoria, publicar como anexo desta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron, para cada categoría, o proceso selectivo da modalidade específica de promoción do persoal laboral regulado pola disposición adicional 17ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e propor o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.12 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal

ANEXO

Persoas aptas no procedemento

Grupo

Categoría

NIF

Apelidos, nome

III

2

***3055**

López Crende, José Javier

III

49

***7372**

Domínguez Vieitez, Pablo

III

49

***7339**

González Rodríguez, Abel

III

62

***9918**

Lopo Bermúdez, Roberto

III

62

***0710**

Mato Vilar, María

III

62

***6037**

Osorio Ruiz, Estíbaliz

III

62

***6485**

Rodríguez Rodríguez, Margarita