DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29801

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 216, do 14 de novembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 8 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 15 de decembro de 2023 (DOG núm. 246, do 29 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola modalidade específica de promoción do persoal laboral fixo, no corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 6 de novembro de 2023 (DOG núm. 216, do 14 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao non recibir ningunha alegación, elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na fase de concurso, feitas públicas mediante a Resolución do 10 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril).

Segundo. Segundo o establecido na base IV.1 da resolución de convocatoria, publicar como anexo desta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron, para cada categoría, o proceso selectivo da modalidade específica de promoción do persoal laboral regulado pola disposición adicional 17ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e propor o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.12 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal

ANEXO

Persoas aptas no procedemento

Grupo

Categoría

NIF

Apelidos e nome

II

7

***9516**

Blanco Pérez-Ardá, María Luisa

II

7

***7851**

González González, Ana María

II

7

***8429**

Martínez Besada, María del Mar

II

7

***2188**

Martínez García, Miguel Ángel

II

7

***1567**

Miragaya López, Ana Isabel

II

7

***4141**

Paris Padilla, Patricia

II

7

***2036**

Pérez Martínez, Rosa María

II

7

***6907**

Reguera Ramos, Ana Cristina

II

7

***0925**

Suárez Rodríguez, Ledicia

II

7

***9798**

Zotes Tarrío, Yolanda Nélida

II

17

***3456**

Castro Besteiro, Marta

II

17

***6854**

Da Silva Vecino, Jonatan

II

17

***2257**

Fernández Lema, Sabela

II

17

***6127**

Ocampo López, Cristina

II

17

***0124**

Pérez Espinosa, Magdalena

II

20

***1853**

García Crespo, María Vanessa

II

31

***2684**

Faiña Puig, María del Carmen

II

41

***7126**

Martínez Álvarez, José Carlos