DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 16 de maio de 2024 Páx. 29748

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Data sinatura

Importe €

2024

2025

2026

Addenda de prórroga e modificación ao convenio que foi subscrito o 4 de decembro de 2020 entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a execución do Plan de sustentabilidade turística na Ribeira Sacra

11.1.2024

Sen achega económica

Addenda de prórroga e modificación ao convenio que foi subscrito o 4 de decembro de 2020 entre a Secretaría de Estado de Turismo, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Santiago de Compostela para a execución do Plan de sustentabilidade turística na cidade de Santiago de Compostela

11.1.2024

Sen achega económica

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino Condado-Paradanta destino enogastronómico no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

28.2.2024

497.000,00 €

558.000,00 €

445.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vilanova de Arousa para o proxecto de execución para acondicionamento do mercado municipal e espazo gastronómico: A Vilanovesa E-Gourment Market

13.1.2024

399.997,41 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Clubes Náuticos de Galicia-Asnauga para a promoción do turismo náutico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

13.1.2024

1.800.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto para a Calidade Turística Española para o proxecto Implantación e certificación: S Sustentabilidade Turística e Q Calidade Turística, Recursos de Xestión Pública nos Camiños de Santiago 2024

27.2.2024

110.700,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Centro Galego de Barcelona para o apoio á promoción turística na campaña Galicia 360º e á súa estrutura e funcionamento

13.3.2024

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vilarmaior para a rehabilitación e adecuación de fonte e lavadoiro de Vilapape

23.2.2024

48.229,31 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Merca para a rehabilitación parcial de 34 canastros agrupados no núcleo da Merca

15.2.2024

138.000,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia de Turismo de Galicia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do máster universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

27.2.2024

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas

28.2.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cabana de Bergantiños para a rehabilitación da capela de Sinde para Centro de Interpretación Medioambiental e de Recepción de Visitantes do Estuario do Anllóns

22.3.2024

145.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para o proxecto de humanización e mellora da infraestrutura do núcleo de Mixós, concello de Monterrei

8.2.2024

75.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares do alumnado da Universidade da Coruña

14.2.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Semana Verde de Galicia para o apoio á celebración de Turexpo Galicia 2024, XIII edición do salón turístico de Galicia

16.2.2024

125.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para dar continuidade ao proxecto Traslatio: o patrimonio marítimo dos camiños do mar a Santiago

6.3.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG) para a elaboración da Estratexia de turismo de Galicia 2024-2030

19.3.2024

119.277,78 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e OPC Galicia para a celebración do 36º Congreso Nacional OPC Spain

19.4.2024

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Parada de Sil para a remodelación da oficina de turismo de Parada de Sil

25.3.2024

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Federación Galega de Turismo Rural para a promoción do consumo de turismo rural e a comercialización dixital dos aloxamentos rurais de Galicia no ano 2024

30.4.2024

120.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Bande para a apertura ao público e realización de visitas ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis

25.3.2024

20.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para a realización de visitas guiadas e de información turística na fortaleza de Monterrei

25.3.2024

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo para a mellora paisaxística e das condicións de seguridade da contorna do Cargadoiro

12.4.2024

31.479,09 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribadeo para a mellora paisaxística e das condicións de seguridade da contorna das praias de Esteiro, As Illas e Os Castros

12.4.2024

38.386,09 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense) para a celebración da 25ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico

30.4.2024

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia e o Concello de Lalín para a celebración da Feira do Cocido de Lalín 2024

9.2.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do Entroido 2024

14.2.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Viveiro e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2024

15.2.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Xunta Xeral de Confrarías e Irmandades da Semana Santa de Ferrol e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Semana Santa 2024

23.2.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Baiona e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2024

14.2.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Catoira e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da LXIV edición da Romaría Vikinga

20.2.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan da Coruña para a celebración das fogueiras de San Xoán 2024

6.3.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Asociación Cultural Fetas do Mar de Muxía e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Romaría da Nosa Señora da Virxe da Barca 2024

20.3.2024

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Arbo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da LXIV Festa da Lamprea de Arbo

15.4.2024

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Axencia de Turismo de Galicia para o financiamento das carpetas para estudantes da USC no curso 2024/25

30.4.2024

20.250,00 €