DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 3 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se notifica a suspensión do expediente sancionador por infracción na orde social número 2024/49.

De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a suspensión da instrución do expediente sancionador por infracción na orde social (materia seguridade e saúde), devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

O expediente relacionado encóntrase á disposición do interesado no Servizo de Apoio ao Emprego, Emprendemento e Economía Social da citada Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, planta baixa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Expediente: 2024/49 (acta: I272024000001339).

Data da suspensión do procedemento sancionador: 9 de abril de 2024.

Empresa: Lupu, Alexandre.

Enderezo: rúa da Feira 79, 1º, Castroverde.

Lugo, 3 de maio de 2024

Pilar Fernández López
Directora territorial de Lugo