DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 30 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se lles notifica ás persoas interesadas as resolucións ditadas nos expedientes PR905A 2024/008 e seis máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións efectúanse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, rúa Basquiños, número 2, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/número de expediente

DNI/Pasaporte

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2024/008

16883806N

Resolución

11.3.2024

PR905A 2024/028

16884358N

Resolución

11.3.2024

PR905A 2024/050

16883278J

Resolución

11.3.2024

PR905A 2024/078

16884272H

Resolución

11.3.2024

PR905A 2024/138

16884439R

Resolución

15.3.2024

PR905A 2024/173

16883978T

Resolución

8.4.2024

PR905A 2024/209

35651596D

Resolución

25.3.2024