DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 28762

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

DECRETO 129/2024, do 13 de maio, polo que se nomea director do ente público Portos de Galicia a Juan Sanmartín Ferreiro.

En virtude do establecido no artigo 15.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de maio de dous mil vinte e catro,

Nomeo director do ente público Portos de Galicia a Juan Sanmartín Ferreiro.

Santiago de Compostela, trece de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar