DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 14 de maio de 2024 Páx. 28763

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral de Medios dentro do primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios

ANEXO

Descrición

Importe

(euros)

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia.

1.197,00

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas do alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia.

14.364,00

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas do alumnado do Grao en Publicidade e Relacións Públicas da Facultade da Comunicación nos gabinetes de prensa da Xunta de Galicia.

1.197,00

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Medios e a sociedade pública Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para mellorar e actualizar a rede pública autonómica dos servizos de comunicación audiovisual e do equipamento electrónico instalado nos centros de titularidade pública en Galicia, dentro do programa de investimentos 2024.

410.000,00