DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28630

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2024 pola que se publican os convenios de colaboración asinados no primeiro cuadrimestre de 2024.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2024 e que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de San Amaro

Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de San Amaro para o proxecto senlleiro de recuperación do antigo campo de fútbol de San Amaro para espazo hípico, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

26.2.2024

378.660,26 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Leiro

Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Leiro para o proxecto senlleiro das actuacións arqueolóxicas na área de Pena Corneira, dentro da categoría de promoción e posta en valor da contorna natural da comarca.

16.2.2024

42.350,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Oímbra

Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Oímbra para o proxecto senlleiro de renovación de cubrición de tellado e restauración de muros do local social de San Cibrao, dentro da categoría de promoción e posta en valor da vida social, cultural e educativa da comarca.

16.2.2024

48.000,00 €

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Crecente

Convenio para a concesión dunha subvención directa entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e o Concello de Crecente para o proxecto senlleiro de acondicionamento exterior do mercado municipal, dentro da categoría de promoción e posta en valor dos produtos agroalimentarios da comarca.

16.2.2024

44.486,63 €