DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28627

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2024.

De conformidade co establecido no artigo 14 da Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2024, e de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e denegación das axudas publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Por outra parte, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o fomento das razas autóctonas galegas convocadas para o ano 2024 aos solicitantes que se relacionan no anexo I.

Segundo. Desestimar a solicitude de subvención que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Informar dos seguintes aspectos:

1. Norma reguladora da convocatoria: Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR536A).

2. Aplicación orzamentaria: 14.04.713C.718.1 e crédito orzamentario: 220.000 €.

3. Finalidade:

– O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.

– A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

– A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

– A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

4. Destinatarias: as organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.

5. Recursos: contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Tamén se poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO I

Beneficiarios e importe concedido:

Nº de expediente

Entidade

NIF

Contía

LIXEN/2024/15/0001

Puraga-Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega

G27334168

22.000,00 €

LIXEN/2024/27/0001

Asoporcel-Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta

G27243500

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0001

Asovega-Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega

G32267296

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0002

Avimos-Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos

G32278251

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0003

Cachega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Cachena

G32253619

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0004

Caldega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Caldelá

G32253593

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0005

Capriga-Asociación de Criadores da Raza Cabra Galega

G32413668

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0006

Frieirega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Frieiresa

G32253627

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0007

Limiaga-Asociación de Criadores da Raza Bovina Limiá

G32253585

22.000,00 €

LIXEN/2024/32/0008

Vianega-Asociación de Criadores da Raza Bovina Vianesa

G32253601

22.000,00 €

ANEXO II

Solicitude desestimada polos motivos indicados na táboa:

Nº de expediente

Nome

NIF

Motivo de denegación

LIXEN/2024/15/0002

Agro Maroño, S.C.

J70041199

Non cumpre os requisitos establecidos no artigo 3 para ser entidade beneficiaria