DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de corta da masa forestal para o cambio da funcionalidade de dúas parcelas, na parroquia de Gomariz, no concello de Leiro (Ourense) (expediente 2023/0088).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 23 de abril de 2024 do proxecto de corta da masa forestal para o cambio da funcionalidade de dúas parcelas, na parroquia de Gomariz, no concello de Leiro (Ourense), promovido por Viñedos San Clodio, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade