DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28677

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se lle dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Armonía Green Galicia, S.L. para unha planta de produción de amoníaco verde situada no concello de Arteixo (A Coruña). Número de rexistro AAI 2023-IPPC-11-376.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de produción de amoníaco verde.

Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Titular: Armonía Green Galicia, S.L.

Expediente: 2023-IPPC-I-11.

Localización: concello de Arteixo (A Coruña).

Núm. rexistro AAI: 2023-IPPC-11-376.

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da- autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade