DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Ferrol (expediente DH.V15.99629).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Pérez Torres Marítima, S.L.

NIF: B15263106.

Expediente: DH.V15.99629.

Lugar: Cabo Prioriño Chico.

Parroquia: Doniños.

Concello: Ferrol.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais e de escoamento depuradas.

Caudal máximo anual: 594,8 m3/ano.

Punto de vertedura: X=554.278; Y=4.812.257.

Medio receptor: Mar (costa da Coruña entre Cedeira e Ferrol).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais xeradas na zona de mantemento das pas e as augas residuais de escoamento xeradas na entrada ao taller son tratadas nun separador de hidrocarburos de clase I antes da súa vertedura ao mar, a través da rede de pluviais do porto exterior de Ferrol.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia sitas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras