DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta
de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

11.1.2023

36041A046003820000OO

Tomada. Poio/polígono 46-parcela 382

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3.545,82 euros por hectárea, para os traballos de apeo, tronza, empillado e saca mecanizada do arboredo.

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional

71/2023 (xMA 23/005)

36041A046003820000OO

0,1354

480,11

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

Poio, 17 de abril de 2024

Ángel Moldes Martínez
Alcalde