DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 10 de maio de 2024 Páx. 28583

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, primeira fase de axudas Galicia-París 2024.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que o seu obxecto social recolle o fomento do deporte de alta competición, convoca as axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, primeira fase de axudas Galicia-París 2024.

As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego (r/ Madrid, 2-4, 2º, As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela) ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para presentar as solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e habilitarase unha ligazón na Guía de procedementos e servizos co código DE400E.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2024. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.

As bases poderanse consultar na sede da Fundación Deporte Galego, no enderezo sinalado anteriormente, na web https://deporte.xunta.gal/ ou no teléfono 881 99 63 73.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego