DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28170

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23.

A Orde do 12 de marzo de 2024, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23 (Diario Oficial de Galicia núm. 60, do 25 de marzo), establece no seu artigo 11 que, para a selección, análise e valoración das solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un xurado de selección composto por un presidente ou unha presidenta e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 11 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 12 de marzo de 2024,

RESOLVO:

Designar os membros do xurado de selección que deberá seleccionar, analizar e valorar as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23 e facer pública a súa composición, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, por delegación da directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Vogais:

• Jesús Manuel Rodríguez Buján, subdirector xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional.

• Mª José Bragaña Miguéns, xefa do Servizo de Programación da Formación Profesional.

• Manuel Guerra Fernández, inspector de Educación.

– Suplentes:

Presidenta: Cristina Lesta Íñiguez, subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.

Vogais:

• José Antonio Jardón Bahía, xefe do Servizo de Xestión da Formación Profesional.

• José Antonio Fernández García, xefe do Servizo de Cualificacións e Acreditación de Competencias Profesionais.

• Jorge Eduardo Regueiro Tato, xefe do Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral.

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2024

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa