DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica unha resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente BS626F27057002322).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase mediante este anuncio a persoa interesada relacionada no anexo para proceder á notificación da resolución do recurso de alzada presentado por ela, por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración, ao ser devolta polo servizo de Correos, para os efectos de que no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) compareza persoalmente ou debidamente representada na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, núm. 70, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da dita resolución e advertíndolle que, de non facelo así, se terá por notificada ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da súa notificación afectuada por comparecencia, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 9 de abril de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo e data

BS626F27057002322

33558545G

Resolución desestimación 29.8.2023