DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 9 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 27065000323 e sete máis).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para notificarlles as resolucións ditadas nos procedementos instados por elas, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas poderán comparecer, persoalmente ou debidamente representadas, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro das resolucións que se notifican e do expediente administrativo. Advírteselles que, de non o faceren así, considerarase efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselles que contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa notificación efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 9 de abril de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de expte

Persoa interesada

Acto administrativo e data

BS618D 27065000323

IU1073216

Imposibilidade sobrevida e arquivamento 18.5.2023

BS618D 27031000923

X4932624K

Desistencia 25.4.2023

BS618D 27018000323

173487385

Imposibilidade sobrevida e arquivamento 5.6.2023

BS618D 27065000523

OM6031567

Desistencia 21.4.2023

BS618D 27031003323

171915660

Imposibilidade sobrevida e arquivamento 27.6.2023

BS618D 27031003423

34248466V

Imposibilidade sobrevida e arquivamento 14.8.2023

BS618D 27028013722

Y8885033D

Imposibilidade sobrevida e arquivamento 15.6.2023

BS618D 27028001923

X9787228S

Desistencia 21.4.2023