De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento da súa solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
As resolucións relacionadas están á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalas no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
A Coruña, 23 de abril de 2024
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
AC-2024/00137 |
44428630J Z0855122X |
AC-2023/00544 |
C221565 49331988R |
AC-2023/00049 |
06027715J AU972244 |
AC-2022/00554 |
32794367R AAB386271 |