De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
A Coruña, 23 de abril de 2024
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
NIF/NIE/pasaporte |
AC-2019/00303 |
78793198M |
AC-2020/00067 |
46916228T |
AC-2017/00527 |
Y5143711M |
AC-2013/00100 |
76348956L |
AC-2022/00708 |
AZ290490 |
AC-2008/00590 |
37337065S |
AC-2017/00092 |
FP862460 |