DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2023/205-1).

Expediente: IN407A 2023/205-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol na LMT SMC701 apoio AIN0KA7S//42-2.

Concello: Cambre.

Feitos:

1. O día 20.4.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica. O seu obxecto é mellorar a calidade e a seguridade do servizo eléctrico coa implementación de elementos de seccionamento telecontrolados na liña eléctrica con código SMC701 Cambre-Sigrás, 1, con mellora dos TIEPI nas interrupcións levadas a cabo nas operacións de explotación e mantemento da dita liña.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol na LMT SMC701 apoio AIN0KA7S//42-2, asinado o día 23.12.2022 por Miguel Caramés Vila, graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.769 de Vigo (COITIVigo); e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

DOG: 17.8.2023.

BOP: 28.7.2023.

Xornal La Voz de Galicia: 8.8.2023.

Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 2.10.2023

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselle o informe preceptivo ao Concello de Cambre como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

5. O día 22.3.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Outeiro, parroquia de Cela, no concello de Cambre, e as súas características técnicas son as seguintes:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMC-701 autorizado no expediente 26.711, de 144,8 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio nº 42-1 (matrícula AINGAK8O) de formigón tipo AG-HV-12/2B-CR-CA e o apoio nº 42-3 (matrícula AIM0SVUQ) de formigón tipo FL-HV-1600/13-CR-CA, consistente en:

- Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 4435917NH5943N0001FE sita no lugar da Pena, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 42-1, do apoio nº 42-2 (matrícula AINOKA7S) de formigón tipo AL-HV-400/12-CB-CS, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H35-CA(CS), en que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

- Substitución do condutor tipo LA-30 (condutor existente) por novo condutor tipo LA-56, no van de 73,4 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 42-2 proxectado e o apoio nº 42-3 existente.

4. Na visita de campo realizada o día 19.3.2024 para examinar o lugar da instalación non se apreciou ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados - termo municipal de Cambre

Instalación de telecontrol na LMT SMC-701 - apoio AIN0KA7S//42-2

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

1

Filomena Bermúdez Vázquez

Matilde Vázquez Varela

Alfredo Díaz Novo

Josefa María Díaz Novo

Francisco Novo Losada

María Olga Novo Blanco

4435917NH5943N0001FE

Lugar de Pena

Novo apoio nº 42-2 (ITC)

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño