DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Martes, 7 de maio de 2024 Páx. 28124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2024/001-1).

Expediente: IN407A 2024/001-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: recuamento LMTS, RBTS polígono Vío.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O día 4.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto do recuamento de varios tramos de liñas de media tensión subterráneos por construción dun novo túnel.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado Recuamento LMTS, RBTS polígono Vío, asinado o día 10.11.2023 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial eléctrica, nº colexiada 2.033 da Coruña. Posteriormente, o 2.4.2024, achegan o anexo I ao dito proxecto, asinado o 25.3.2024 pola mesma enxeñeira.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello da Coruña, Augas de Galicia e ADIF. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 2.4.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

Segunda. Lexislación de aplicación

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no polígono industrial de Vío, no concello da Coruña, e as súas características técnicas son as seguintes:

Tramo provisional:

Actuación 1 GRN-752.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe e final nos puntos de acceso á rede proxectados, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm², cunha lonxitude de 131 m.

Actuación 2 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe e final nos puntos de acceso á rede proxectados, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm², cunha lonxitude de 131 m.

Actuación 3 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe e final no punto de acceso á rede proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm², cunha lonxitude de 490 m, unha vez entra e saia do CT CS Bombeo Pol. Vío (15CLCN).

Tramo definitivo:

Actuación 1 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe e final no punto de acceso á rede proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm², cunha lonxitude de 53 m.

Actuación 2 GRN-756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe e final no punto de acceso á rede proxectado despois de entrar e saír no CS Bombeo Pol. Vío, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 KV (1×240) mm², cunha lonxitude de 248 m.

Actuación 3 GRN756.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe na cela do CT nº 1 Vío e final no punto de acceso á rede proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm², cunha lonxitude de 954 m.

Actuación 4 GRN752.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe e final nos puntos de acceso á rede proxectados, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm², cunha lonxitude de 928 m.

Actuación 5 GRN753.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, coa orixe e final nos puntos de acceso á rede proxectados, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV (1×240) mm², cunha lonxitude de 824 m.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 5 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña