DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 4 de abril de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Arteixo (expediente DH.V15.99627).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Pérez Torres Marítima, S.L.

NIF: B15263106.

Expediente: DH.V15.99627.

Lugar: Punta Langosteira.

Parroquia: Suevos.

Concello: Arteixo.

Tipo de vertedura: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual: 255,84 m3/ano.

Punto de vertedura: X=539.754; Y=4.800.306.

Medio receptor: infiltración no terreo (bacía da costa da Coruña entre A Coruña e Camariñas).

Tratamento/evacuación: as augas residuais fecais son tratadas nun sistema de depuración deseñado para 20 habitantes equivalentes constituído por arqueta de desbaste e depuradora compacta composta por tanque de aireación e tanque de decantación, verténdose o efluente depurado por infiltración no terreo mediante catro gabias filtrantes.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras