DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente de 2023/PLANEAM/000010 (FG número 725).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 2 de abril de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle da parcela C do Plan parcial do sector SUD-5 Icaria IV dividida en 2 subparcelas, C1 e C2 (documento NRE 2023024111, do 21 de decembro), promovido por Inversiones Inmobiliarias Lucorma, S.A.

Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org

Oleiros, 10 de abril de 2024

Ángel García Seoane
Alcalde presidente