DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 6 de maio de 2024 Páx. 27732

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 30 de abril de 2024 pola que se fixa o prezo privado para a venda ao público dunha publicación editada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados.

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei determina que os prezos privados serán fixados polas consellerías, logo do informe favorable da consellería competente en materia de facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente se poidan aplicar subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á Consellería de Facenda e Administración Pública o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe este prezo deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e segundo se recolle na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo privado de venda ao público dunha publicación editada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase co IVE incluído.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural

ANEXO

Análise sensorial da carne e dos derivados cárnicos: 12 euros.