De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificada por comparecencia.
Os actos adoptounos a xefa da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 22 de abril de 2024
Margarita Cabaleiro Viñas
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-043/19.
NIE: X9280505M.
Acto obxecto de notificación: requirimento.
Expediente: P-052/19.
DNI: 77412749Q.
Acto obxecto de notificación: requirimento.
Expediente: P-047/17.
DNI: 76867030H.
Acto obxecto de notificación: requirimento.