DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27703

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de notificación de orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Ao non ser posible efectuar a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación da xestión da biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, así como á retirada das especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei. A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Ames (Área de Medio Ambiente), situadas na praza do Concello, nº 2, 15220 Ames.

Referencia catastral

Localización

Propietario

ha afectadas

Custo ha

Liquidación provisional

15002A515002160000BY

Costoia, Ames

Descoñecido

0,0645

3.545,82

228,77

15002A515002170000BG

Costoia, Ames

Descoñecido

0,0636

3.545,82

225,55

Ames, 10 de febreiro de 2024

José Blas García Piñeiro
Alcalde