DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2022/035-4).

Expediente: IN407A 2022/035-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CTC O Couto-Tremoedo.

Concello: Vilanova de Arousa.

Feitos:

1. O 31.1.2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT, CTC O Couto-Tremoedo.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 142.544,54 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade mellorar a calidade da subministración eléctrica nos lugares de Cebreiro e O Couto, na parroquia de Tremoedo, no concello de Vilanova de Arousa, mediante as seguintes actuacións:

– Instalación dun centro de transformación rural fin de liña, manobra exterior de 160 kVA, telexestionado, en envolvente prefabricado de formigón.

– No tramo CBD8032266 substitúese o apoio 9UUBGU5T//38-7 por un apoio de celosía tipo C-3000/16, retensando 156 metros do van desde o apoio proxectado ata o apoio 9UW5KLE//38-8.

– Instalación dunha liña de media tensión aérea de 177 metros desde o apoio proxectado C-3000/16 ata o apoio proxectado C-2000/14.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 583 metros para alimentar o centro de transformación proxectado.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vilanova de Arousa, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas, o Servizo de Infraestruturas Agrarias e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos por Augas de Galicia e polo Servizo de Montes.

O Servizo de Infraestruturas Agrarias informou que o proxecto afecta a zona de concentración parcelaria de Tremoedo.

A Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilanova de Arousa non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Mediante escritos do 3.3.2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Como non foi posible efectuar a notificación a todas as persoas titulares das parcelas afectadas pola declaración de utilidade pública solicitada pola empresa promotora, publicáronse os correspondentes anuncios no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 22.3.2022 e do 13.4.2022, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 3 de marzo de 2022, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 25.3.2022.

– Xornal Faro de Vigo: 24.3.2022.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Vilanova de Arousa.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

5. O 22.4.2022, UFD achegou documentación correspondente con varios acordos acadados con algúns dos afectados, así como unha nova relación de bens e dereitos afectados.

6. Mediante escritos do 28.6.2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

7. Jorge Irago Oubiña, Isabel Lede Padín e Ramiro Bernárdez Tato presentaron alegacións que foron trasladas á empresa promotora.

8. O 30.8.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou un modificado do proxecto orixinal, xa que, á raíz dunha concentración parcelaria na zona, é posible soterrar un tramo da instalación por unha pista, eliminando así algunhas afeccións sobre parcelas particulares.

9. Tras requirimentos desta xefatura, o 28.3.2023, UFD achegou un refundido do proxecto, en que xa non se proxecta a instalación dunha liña de media tensión aérea de 177 metros, nin o apoio 2000/14. Increméntase a lonxitude da liña de media tensión subterránea e o apoio proxectado C-3000/16 pasará a ser C-2000/16.

Este proxecto refundido foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 228.861,86 euros.

Tamén se achegou unha nova relación de bens e dereitos afectados que recolle unicamente dúas parcelas afectadas, á diferenza das setes parcelas do proxecto inicial. Estas dúas parcelas están afectadas da seguinte maneira:

Cultivo

Parcela

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Agrario

1517

Susana Beatriz Durán Lorenzo

2,42

7,29

2

Agrario

36061A220001360000FB

Descoñecido/a

12,96

2,52

9,20

10. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vilanova de Arousa, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas, o Servizo de Infraestruturas Agrarias e o Servizo de Montes. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Servizo de Montes.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

11. Mediante escritos do 5.5.2023, esta xefatura territorial notificou as modificacións propostas ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na nova relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Como non foi posible efectuar a notificación a todas as persoas titulares das parcelas afectadas polas modificacións propostas, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 2.6.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 8.6.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

12. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 5 de maio de 2023, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 31.5.2023.

– Xornal Faro de Vigo: 19.6.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Vilanova de Arousa, desde o 31.5.2023 ata o 13.7.2023, segundo o certificado emitido polo propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

13. Non se recibiron alegacións ao proxecto refundido.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– No tramo CBD8032494 do circuíto aéreo da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD803 substitúese o apoio 9UUBGU5T//38-7 por un apoio de celosía do tipo C-2000/16, no cal se instala un interruptor telecontrolado (ITC). Neste mesmo tramo tamén se substitúe 157 metros de condutor LA-110 por unha LMTA a 20 kV, con condutor LA-110, coa orixe no apoio proxectado e final no apoio 9UW5KLKE//38-8.

– Instalación dun centro de transformación de 160 kVA de potencia, compacto rural de manobra exterior telexestionado con envolvente prefabricada de formigón, conectado ao tramo LMTA CBD80332494 mediante unha liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1 de 753 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/16, mediante un paso aéreo-subterráneo (PAS), e final no centro de transformación proxectado.

– O centro de transformación será instalado na parcela con referencia catastral 36061A22001360000FB, no lugar de Tremoedo, en Vilanova de Arousa.

A instalación está situada nos lugares de Cebreiro e O Couto, na parroquia de Tremoedo, no municipio de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMT, CTC O Couto-Tremoedo, expediente IN407A 2022/035-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

6. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 8 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra