DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2024/053-4).

Expediente: IN407A 2024/053-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento VLG802 en Montalvo-Arra, s/n.

Concello: Sanxenxo.

Feitos:

1. O 9.2.2024, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada recuamento VLG802 en Montalvo-Arra, s/n.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado polo enxeñeiro técnico industrial Raúl Guillermo Naveira Dueñas, colexiado 1905 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña, e en que figura un orzamento total de 69.168,39 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste no soterramento da liña de media tensión aérea (LMTA) VLG 802, mediante as actuacións previstas no lugar de Montalvo, no concello de Sanxenxo (Pontevedra):

– Desmontaxe de 185 metros de condutor aéreo de LA-110 e de 38 metros de condutor LA-30 entre os apoios de formigón 9POMESQA//50 e 9PQ9RKIM//52.

– Desmontaxe dos apoios 9POMESQA//50, 9PPBLJCO//51, 9PQ9RKIM//52 e 9PQOIOHG//53.

– Instalación de dous novos apoios metálicos fin de liña de tipo C-4500/16-H35 (50/P) e C-7000/14-H35 (52/P).

– Substitución do apoio de formigón 9PNBI9NR//49 por un C-1000/12-H35 (49/P).

– Instalación de 72 metros de liña de media tensión aérea (LMTA) desde o apoio proxectado C-1000/12-H35 (49/P) ata o apoio C-4500/16-H35 (50/P).

– Substitución do apoio 9PRGWWC1//54 por un C-1000/12-H35 (54/P).

– Instalación de 61 metros de LMTA entre os apoios proxectados C-7000/14-H35 (52/P) e C-1000/12 (54/P).

– Instalación de 33 metros de LMTA desde o apoio proxectado C-7000/14-H35 (52/P) ata o apoio 9PQ62D8R//52-1 (51/P).

– Instalación de 200 metros de liña de media tensión subterránea (LMTS) entre os apoios proxectados C-4500/16-H35 e C-7000/14-H35.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Sanxenxo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– LMTA a 20 kV en tres actuacións. A primeira é de 72 metros, con condutor LA-110, coa orixe no apoio proxectado número 49/P (VLG802) e final no apoio proxectado número 50/P (VLG802). A segunda é de 61 metros, con condutor LA-110, coa orixe no apoio proxectado número 52/P (VLG802) e final no apoio proxectado número 54/P (VLG802). A terceira é de 33 metros, con condutor LA-56, coa orixe no apoio proxectado número 52/P (VLG802) e final no apoio proxectado número 52/1 (VLG802).

– LMTS a 20 kV con condutor RHZ1, de 200 metros de lonxitude, coa orixe no paso aéreo subterráneo sobre o apoio proxectado número 50/P (VLG802) e final no paso aéreo subterráneo sobre o apoio 9PQ62D8R//52-1.

A instalación está situada en Montalvo, Arra, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada recuamento VLG802 en Montalvo-Arra, s/n, expediente IN407A 2024/053-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 8 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra