DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27614

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 para cualificar o proceso selectivo (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro de 2024), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 26 de marzo de 2024 pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio da fase de oposición, eliminatorio e obrigatorio, do proceso selectivo, así como á relación das que non acadaron a puntuación mínima de 15 puntos establecida na base III.1.1.1 da convocatoria (DOG núm. 245, do 27 de decembro de 2022), na sesión do día 22 de abril de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal