A Comisión de Selección, na súa reunión do 18 de abril de 2024, acordou, de conformidade co disposto na base VI.2. da convocatoria, facer pública na web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a relación de persoas aspirantes que superaron a fase de concurso-oposición do proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas, e proceder á apertura do prazo de presentación de documentación, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría de técnico medio de persoal laboral fixo, convocado polo Anuncio do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).
De non telo feito con anterioridade, de conformidade coa base VI.2 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base.
Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024
María Begoña García Maneiro
Presidenta da Comisión de Selección