DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27231

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 24 de abril de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica o Acordo do 18 de abril de 2024 polo que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e se abre o prazo de presentación de documentación, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro).

A Comisión de Selección, na súa reunión do 18 de abril de 2024, acordou, de conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, facer pública na web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde das puntuacións obtidas no concurso e atendendo, en caso de empate nas puntuacións, aos criterios previstos na base V.1 da resolución da convocatoria, e proceder á apertura do prazo de presentación de documentación, en relación coa convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías de técnico superior, técnico medio, oficial administrativo e auxiliar administrativo do persoal laboral fixo, convocado mediante o Anuncio do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro).

De non telo feito con anterioridade, de conformidade coa base V.2 da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, para presentar a documentación prevista nas letras a), b) e c) da citada base.

Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2024

María Begoña García Maneiro
Presidenta da Comisión de Selección