DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 2 de maio de 2024 Páx. 27203

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2024, do tribunal designado cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educador social, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 1 de abril de 2024 o tribunal nomeado pola Resolución do 17 de xullo de 2023 para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educador social (DOG núm. 141, do 24.7.2023),

ACORDOU:

Primeiro. Á vista das alegacións presentadas por unha persoa aspirante, procedeuse a revisar o cadro de respostas do primeiro exercicio e a súa corrección. Nesa revisión constatouse un erro de corrección que afecta á persoa interesada, pero que non modifica o cadro de respostas xa publicado.

Segundo. Feita esta corrección, volveuse corrixir a través do mecanismo automático o exame da persoa aspirante, que resultou obter 64 respostas correctas na segunda parte do exame.

Con esta corrección, a persoa aspirante acada o mínimo necesario en ambas partes, cunha nota final de 14,33. Esta nota, porén, non é abondo para superar o primeiro exercicio, xa que segundo a base I.1.1 da convocatoria:

«Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes».

No caso da persoa reclamante, non acada unha nota abondo como para entrar nese número máximo de aspirantes.

Terceiro. Procédese a publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións corrixidas, despois deste cambio, obtidas polas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educador social.

Cuarto. De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024

Laura Fuentes López
Presidenta do tribunal