DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 18 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilasantar (expediente DH.A15.97349).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitantes: José Mahía Freire e José Manuel Mahía Porto.

DNI: ***4603** e ***8725**.

Expediente: DH.A15.97349.

Volume total anual: 684,72 m3/ano.

Destino: uso doméstico e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: O Batán.

Parroquia: Mezonzo (Santa María).

Concello: Vilasantar.

Descrición do aproveitamento:

Realízase a captación dun manancial na parcela de referencia 15091B501006200000OR mediante un pozo de aros de formigón de 2 m de diámetro e 2 m de fondo, e a súa condución por tubaxe de 32 mm ata senllos depósitos nas parcelas 393 e 389 do polígono 501, desde os cales se abastecen as vivendas e se regan as mesmas parcelas.

O proxecto pode consultarse na sección «participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa do Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), solicitando cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro