DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Santa Comba (expediente DH.V15.99919).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: José Manuel Vilas Currais.

NIF: ***9546**.

Expediente: DH.V15.99919.

Lugar: Esmorode, 37.

Parroquia: Alón.

Concello: Santa Comba.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de lavado depuradas.

Caudal máximo anual: 160 m3/ano.

Punto de vertedura: X=512.911; Y=4.763.587.

Medio receptor: río Xallas.

Tratamento/evacuación: as augas residuais industriais de lavado xeradas nas instalacións son tratadas nun separador de hidrocarburos, logo do cal se verten á cuneta da vía existente polo lateral da nave, perpendicular á estrada AC-400, pola que discorren ata a vertedura final ao río Xallas.

O proxecto pode consultarse na sección «participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras