DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

EDICTO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a construción dun taller de fabricación de sub-bloques prearmados no ámbito do estaleiro de Navantia, formulado por Navantia, S.A., S.M.E.

O Pleno do Concello, o 30.11.2023, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Acordar a aprobación definitiva do estudo de detalle para a construción dun taller de fabricación de sub-bloques prearmados no ámbito do estaleiro de Navantia, formulado por Navantia, S.A., S.M.E. (documentos en soporte dixital editable e non editable con sinatura do 31.3.2023, e en documento único con sinatura do 21.4.2023), sen modificacións con respecto ao aprobado na Xunta de Goberno local do 28.4.2023.

Segundo. Realizar os trámites previstos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sobre publicacións no BOP e DOG, e promover a inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, para os efectos da súa entrada en vigor.

Terceiro. Previamente á aprobación do proxecto de obra, deberase achegar o dito proxecto para o informe do Concello en relación coa conformidade ou desconformidade coa ordenación urbanística vixente, de acordo co procedemento administrativo previsto na disposición adicional décima do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 outubro, texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, tendo en conta a Orde DEF/198/2022, do 1 de marzo, pola que se cualifican de interese xeral, por afectaren directamente a defensa nacional, as obras relativas ao proxecto de construción dunha fábrica de bloques no estaleiro de Navantia, S.A., S.M.E., na factoría naval de Ferrol (A Coruña) (BOE do 16.3.2022).

Cuarto. Notificar ao promotor e ao titular catastral dos terreos afectados».

Medidas para o seguimento dos efectos no ambiente: ao constar o pronunciamento do 2.12.2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, non procede someter este estudo de detalle á avaliación ambiental estratéxica; por iso, non cómpre adoptar ningún tipo de medidas.

O documento aprobado definitivamente pode consultarse na sede electrónica do concello (https://www.ferrol.gal/Sede/PlaneamentoUrbanistico).

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Ferrol, 17 de abril de 2024

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 11.12.2023; BOP do 20 de decembro)
Blanca García Olivares
Concelleira delegada da Área de Urbanismo,
Accesibilidade, Vivenda e Rehabilitación