De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na avenida da Habana, núm. 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 18 de abril de 2024
A xefa territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 15.3.2024)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto de notificación |
Acto adoptado |
CAZ-OU-43/2023-V |
10085047F |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
ANI-OU-105/2023-V |
Y6947501C |
Resolución de procedemento sancionador |
Pola xefa territorial |
ANI-OU-114/2023-V |
36084801D |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
Pola instrutora |
ANI-OU-04/2024-V |
34973797C |
Acordo de incoación de procedemento sancionador |
Pola xefa territorial |