Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, na súa condición de parte contraria no procedemento (persoas interesadas), a resolución ditada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo, por non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de editos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres).
A resolución que se notifica poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo) e será resolta polo xulgado correspondente que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Lugo, 17 de abril de 2024
Gerardo Críado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
Parte contraria notificada |
Resolucion notificada |
PR204A 2024/1216-2 |
Muralla Walls, S.L. |
Estimatoria |
PR204A 2024/1303-2 |
Janet Buitrago Conde |
Estimatoria |
PR204A 2024/1322-2 |
Esther María González García |
Estimatoria |
PR204A 2024/1372-2 |
María Angustias Campos Rodríguez |
Desestimatoria |
PR204A 2024/1412-2 |
Abdelghani El Morabit |
Desestimatoria |
PR204A 2024/1579-2 |
Carlos Trigo Rodríguez |
Estimatoria |