DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26778

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se corrixe a Resolución do 19 de febreiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 42, do 28 de febreiro).

En sesión que tivo lugar o 18 de marzo de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de novembro de 2023 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) para cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), estudou as alegacións presentadas á Resolución do 19 de febreiro de 2024, publicada no DOG do 28 de febreiro, pola que se dá publicidade de diversos acordos, e advertiu un erro na corrección do exercicio, polo que cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16135, no punto primeiro do acordo, onde di:

«Primeiro. Ao abeiro do disposto na base III.1.2.7. da convocatoria, anular as preguntas 93, 95 e 112 que son substituídas no seu lugar polas preguntas de reserva 134, 135 e 136. Ademais, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas nas preguntas 2, 45 e 46, sendo correctas as alternativas c), a) e d), respectivamente. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións».

Debe dicir:

«Primeiro. Ao abeiro do disposto na base III.1.2.7. da convocatoria, anular as preguntas 2, 93, 95 e 112 que son substituídas no seu lugar polas preguntas de reserva 131, 134, 135 e 136. Ademais, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas nas preguntas 45 e 46, en que son correctas as alternativas a) e d), respectivamente. Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións».

E no parágrafo terceiro do punto segundo do acordo, onde di:

«Asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 95 respostas correctas, sempre que se consigan os mínimos fixados para as partes primeira (25 respostas correctas) e segunda (40 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas».

Debe dicir:

«Asignarase a valoración de 30 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 96,25 respostas correctas, sempre que se consigan os mínimos fixados para as partes primeira (25 respostas correctas) e segunda (40 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 30 e os 60 puntos, proporcional ao número de respostas correctas».

Feitas as correccións citadas, publícanse as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o exercicio tipo test do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de condución, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación dos que non conseguiron os mínimos establecidos na base III.1.1 da convocatoria.

De conformidade co disposto na base V.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

Ángeles Vidal Ruiz
Presidenta do tribunal