DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26656

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 107/2024, do 29 de abril, polo que se dispón que cese Roi Fernández Añón como director do ente público Portos de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia; no artigo 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, e no artigo 15.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, por proposta do conselleiro do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e nove de abril de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Que cese, por paso a outro destino, Roi Fernández Añón como director do ente público Portos de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar