DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26623

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Valga para desenvolver as facultades de inspección da liquidación provisional da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 2 de abril de 2024, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Valga polo Acordo do Pleno, na sesión do 21 de decembro de 2023, para desenvolver as facultades de inspección da liquidación provisional da taxa por tendidos, tubaxes e galerías para as conducións de enerxía eléctrica, auga, gas ou calquera outro fluído, incluídos os postes para liñas, cables, illadores, caixas de amarre de distribución ou de rexistro, transformadores, raís, básculas, aparellos para a venda automática e outros análogos que se establezan sobre vías públicas ou outros terreos de dominio público municipal ou que voen sobre eles.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2024002173, do 15 de marzo de 2024)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación