DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 29 de abril de 2024 Páx. 26624

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Silleda para desenvolver as facultades de xestión tributaria e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM).

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 2 de abril de 2024, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Silleda polo Acordo do Pleno, na sesión do 25 de xaneiro de 2024, para desenvolver as facultades íntegras de xestión tributaria e recadación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), que inclúe a facultade de liquidación previa á primeira matriculación.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

O presidente da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Delegación efectuada pola R.P. nº 2024002173, do 15.3.2024)
Manuel Alejandro Lorenzo Alonso
Deputado delegado de Xestión Tributaria, Patrimonio e Formación