DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación forzosa para a obtención dos bens necesarios para a realización do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, dos terreos, bens e dereitos necesarios para a realización das obras de rexeneración do firme da rúa Santiago.

O Pleno do Concello de Monforte de Lemos, na súa sesión do 25 de marzo de 2024, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta dos terreos, bens e dereitos necesarios para a realización das obras de rexeneración do firme da rúa Santiago.

De acordo co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo período dun mes, o citado proxecto de expropiación, mediante a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que calquera persoa que resulte interesada poida examinar o expediente e formular as observacións ou alegacións que considere convenientes.

Igualmente, o acordo notificarase aos titulares de bens e dereitos que figuran nel aos cales se lles enviarán a correspondente folla de valoración e a proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes.

Durante o prazo de información pública, contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio ou desde o día seguinte ao da correspondente notificación, o proxecto de expropiación estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

– Concello de Monforte de Lemos, praza Campo de Santo Antonio, s/n, 27400 Monforte de Lemos, os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

– Na sede electrónica do Concello de Monforte de Lemos: https://www.monfortedelemos.es

A relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación é a seguinte:

Núm. predio

Referencia catastral

Titulares

Superficie afectada (m2)

Bens afectados

Importe total da expropiación

1

1491035PH2019S0000YS

Obdulia Vidal López, Dosinda Rodríguez Vidal e María Pilar Rodríguez Vidal

34

16 m de peche con postes de formigón, bloque de 0,40 m de altura e malla metálica de 1,20 m; traslado de cancela metálica: piar de formigón 0,30×0,30×1,80 m

1.274,78 €

2

1491039PH2019S0001BD

Alfredo Álvarez Vázquez e Purificación Arias Vázquez

58

1 ud. árbore frondosa nova

324,41 €

Monforte de Lemos, 16 de abril de 2024

José Tomé Roca
Alcalde