DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2023/516-4).

O 24.11.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública para a instalación eléctrica LMTS GON806 e CT Priegue.

O 26.12.2023, esta xefatura ditou unha resolución pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2023/516-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 2024 coas seguintes afeccións:

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Cabadiñas

Piñeiral

54035A025003270000HE

Adelina Loureiro

16,81

10,90

36,28

O 16.1.2024, UFD achegou un modificado do proxecto inicial para dar resposta ao condicionado do Concello de Nigrán. As modificacións propostas non varían as características técnicas da instalación, porén, modifican as afeccións da parcela afectada.

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS GON806 e CT Priegue.

Situación: Nigrán.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 KV, con condutor RHZ1, de 400 metros de lonxitude, con orixe na LMTS GON806, xunto ao centro de transformación 36PHN6, e final no centro de transformación proxectado.

LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 400 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación proxectado e final centro de transformación 36PHN6.

Centro de transformación a 250 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54035A025003270000HE, na estrada San Román-Chans-Priegue.

A instalación está situada en Priegue, no concello de Nigrán (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 2 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/516-4.

Denominación: LMTS GON806 e CT Priegue.

Concello: Nigrán.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT m2

1

Cabadiñas

Piñeiral

54035A025003270000HE

Adelina Loureiro

21,05