DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente 2014/198/27 e dezanove máis.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse as persoas interesadas que a continuación se relacionan para seren notificadas das resolucións ditadas pola xefatura territorial nos expedientes administrativos instruídos conforme o disposto nos artigos 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar as ditas notificacións por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio das ditas persoas interesadas.

Os expedientes atópanse á disposición das referidas persoas interesadas ou das persoas que as representen debidamente acreditadas, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Xuventude, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro das resolucións, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán interpoñer recurso contra as resolucións ditadas nos expedientes ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 5 de abril de 2024

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de

expediente

Persoa interesada

Efectos xurídicos

Data da

resolución

2014/198/27

X8733193R

Mantemento de medida administrativa

8.1.2024

2010/159/27

061097307, X6960810K

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

15.12.2023

2019/218/27

33336739X, X8127489W

Establecemento de medida administrativa

11.12.2023

2019/222/27

33336739X, X8127489W

Establecemento de medida administrativa

11.12.2023

2019/223/27

49200402K, 33336739X, X8127489W

Establecemento de medida administrativa

11.12.2023

2012/114/27

72797928F, P3C188541, 21047064V

Establecemento de medida administrativa

11.1.2024

2017/12/27

33550500D, 44848073M, 34303254L

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

26.12.2023

2017/13/27

33550500D, 44848073M

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

26.12.2023

2015/120/27

44428630J

Mantemento de medida administrativa

22.6.2023

2018/146/27

32716962Z

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

2.2.2024

2021/23/27

03437916N, 34324197D, 33350523V

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

17.1.2024

2023/90/27

34301901T

Mantemento de medida administrativa

23.1.2024

2023/85/27

Y7848770B, 34317424K

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

16.2.2024

2024/3/27

Y5195038L

Establecemento de medida administrativa

11.1.2024

2014/123/27

78761036C, 10084476B, Augusto María

Cesamento de medida administrativa e arquivamento

7.11.2023

H0254526

X48281065, Alex Marius Salin

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

26.12.2023

2023/54/27

Antonio Ariza Rodríguez

Mantemento de medida administrativa

8.11.2023

2020/99/27

Abel Martínez Triguero

Improcedencia de medida administrativa e arquivamento

13.4.2021

2024/2/27

Saaid Lozada Becerra

Establecemento de medida administrativa

3.1.2024

2022/169/27

Duvan Andrés López López

Corrección de erros da Resolución do 26 de decembro de 2022

8.8.2023