DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Livecadent, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 4 de abril de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación dos artigos 44 e 45 dos estatutos sociais, relativo ao capital social da entidade Livecadent, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 20 de febreiro de 2024. O novo capital social é: 15.000,00 €.

Vigo, 4 de abril de 2024

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra